Memorias anuais

Memoria PLAMBE

Como en anos anteriores o CPI Castro Baxoi formou parte do PLAN DE MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e nas memorias adxuntas recóllese polo miúdo unha parte das actividades desenvolvidas nas que participou toda a comunidade escolar.

 Memoria CLUB DE LECTURA SALICORNIA / BABILÓNICAS

O Club de Lectura Salicornia realizou, como cada ano, moitas actidades relacionadas coa lectura e a escritura creativa que se detallan nas memorias adxuntas. No curso 2017-2018 o Club continúa realizando actividades diversas relacionadas coa lectura e a escritura pero con outro nome: BABILÓNICAS.

O proxecto da BIBLIOTECA é posible grazas ao traballo de toda a comunidade escolar, pero especialmente doutras equipas de dinamización. Traballamos cóbado con cóbado con ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, EDLG e TICS.