OS MAIOS
Celebración relacionada coa despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos.Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...
Aí vén o maio
de flores cuberto.
Puxéronse á porta
cantándome os nenos,
os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe:
o pobo galego,
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno.
Cando eu me atopare
de donos liberto,
que o pan non mo quiten
trabucos e préstamos,
que, como os do abade,
florezan meus eidos.
Chegado haberá entonces
o maio que eu quero.
Queredes castañas
dos meus castiñeiros?
Cantádeme un maio
sen bruxas nin demos,
un maio sen segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, sin portas
nin foros nin cregos.
CURROS HENRÍQUEZ
Os nosos maios 13