O Magosto
Di o refrán:
"Por san Martiño, faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".
Novembro representa, en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da temporada da matanza do porco.
Ó rito que acompaña a noite non lle falta de nada: lume, calor, viño, comida, charlas, risas, xuntanzas, xogos, contos de ánimas e Santa Compaña…
Para asalas, tradicionalmente se colocaba sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo ou loureiro- e enriba dispoñíanse as castañas, que eran cubertas por un novo manto de foupa. Prendíase o lume na capa de abaixo, que será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apagaban as lapas as castañas estaban listas para comer.
Hai moitos xeitos de comer castañas: asadas, cocidas, caldo de castañas... Para que sexa máis cómodo comelas, nalgúns sitios atravésanse cun fío para poder levalas a modo de colar: son os zonchos.
A ORIXE DO TERMO MAGOSTO
Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que vén do latín "MAGNUS USTUS", "gran fogueira”; outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín " MAGUM USTUM”, máxico, feiticeiro...
RECURSOS para o MAGOSTO:
https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/