En abril, augas mil

Si, por que non refraneamos en galego?

PELOTÓN:
Tivestes que convencer aos pais e nais... así que agora convenceredes aos vosos avós e avoas (e tamén aos dos vosos compañeiros-as) para que escriban un refrán nun papel.

 

Un día a fins de curso faremos unha festa con eles. Pero non será gratis... xa que terán que amosar a súa “entrada”: un REFRÁN EN GALEGO!!!

Colocarémolos, xunto cos refráns que vós tamén traeredes,  nun enorme mural no vestíbulo.

 
Tamén tedes que animar aos vosos compañeiros-as para que  traian un refrán e poidan “entrar” e participar da festa.

 

 

 

NOTA:  non poderá entrar aquel-a que non traia o seu refrán!!!!!!!!! Vós seredes os-as “porteiros-as”...