Skip to Content

 

AVISOS IMPORTANTES

 

O sorteo das rifas da viaxe do alumnado de 4º suspéndese. Cando retomemos a actividade presencial estableceremos o prazo a devolución dos importes das papeletas vendidas.

 

Publicadas as listaxes provisionais de inscrición e exencións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, convocatoria 2020. Para consultar a información, preme aquí.

 

Para contactar co CPI Castro Baxoi poden usar o noso enderezo electrónico cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal. Atención telefónica en días lectivos de 10 a 13.

 

 Recomendacións fronte ao COVID-19. Preme aquí.

TRABALLO PARA O ALUMNADO DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Premendo na palabra da etapa educativa na que estea matriculado o alumnado, atoparase a información específica dos cursos da mesma. Desprazade a páxina cara abaixo para comprobar toda a información.

Os niveis de Infantil e Primaria teñen actualizados os enlaces pero o nivel de Secundaria farase ao longo da mañá do luns. En calquera caso, a información de Secundaria aparece na Aula Virtual do noso centro.

INFANTIL

PRIMARIA

SECUNDARIA

Se alguén ten algunha dúbida sobre o traballo ou os materiais necesarios, envíen un correo electrónico ao enderezo do centro e recibirán resposta por parte do titor ou profesor.

SAÍDAS CULTURAIS

                                        

 1º Trimestre:

     - Visita ao parque eólico de Sotavento o 4 de outubro (6º).

     - Saída pola contorna para observación de cogomelos (5º).


2º Trimestre:

      - Concerto didáctico en data por determinar (5º e 6º).

       

3º Trimestre:

      - Visita ao parque de educación vial e ao museo do humor en Fene, en data por determinar (5º).

      - Excursión fin de etapa a un ecoparque multiaventura cerca de Pontevedra (6º).

 




page | by Dr. Radut