Biblioteca: O préstamo

Tódolos membros da Comunicade Escolar que posean un carnet na Biblioteca poden levar libros e outros documentos en préstamo durante quince días. Ao remate deste tempo, deberán achegarse ao espazo de xestión para devolver o material ou para renovar a petición. Esta renovación será automática se non hai lista de espera.

Os libros de lectura obrigatoria só se prestarán unha semana, renovable se non hai lista de espera.