Biblioteca: A consulta a través de internet

A consulta dos fondos da nosa biblioteca, ou das outras bibliotecas que empreguen o programa Meiga,  pode realizarse desde calquera  ordenador  a través da seguinte dirección: 

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org 

Na portada desta páxina web hai un cadro de diálogo que nos permite escoller a biblioteca e acceder a ela.  

Consulta de fondos: Unha vez dentro da páxina da biblioteca, podemos facer a busca de fondos poñendo o nome do autor, o título do libro ou simplemente unha palabra clave. 

Recursos web: Desde esta mesma páxina tódolos usuarios da biblioteca poden utilizar unha serie de recursos virtuais seleccionados que lles resultarán moi útiles para a realización de tódalas tarefas escolares. No cadro de diálogo que se abre ao premer nestes recursos hai que facer constar o número de lector que aparece no carnet de biblioteca do usuario e o seu primeiro apelido.