Aviso Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación pon ao dispor da comunidade educativa un servizo de asesoramento psicopedagóxico personalizado para atender calquera dúbida ou necesidade que poida xurdir ante a incerta realidade que familias, alumn@s e profesorado estamos a vivir nesta situación de confinamento.

Poderase contactar telefonicamente de luns a venres en horario de 9 a 12.30 horas ou a través do correo electrónico.

Teléfono: 881 880768.

Correo: mgomezabelenda@edu.xunta.gal