PINACOTECA DA IGUALDADE

25/06/2019 18:49
Europe/Madrid

 

 

PINACOTECA DA IGUALDADE TINOGONA! 

Nas aulas de infantil estivemos investigando sobre ÁFRICA e dentro deste proxecto traballamos sobre: diferentes pintoras, a igualdade...

Unha das actividades propostas relacionadas co proxecto (na que participou tamén o alumnado da Aula Específica),  era facer un autorretrato en tea e para iso tomamos como referencia a  obra de Monserrat Anguiano.

Esta foi a información que lle mandamos ás familias:

 

E este o proceso de todo o noso traballo:

 

 

 

Debuxamos o noso retrato

 

 

Firmamos

 

 

 

 E... XA TEMOS O NOSO CUADRO LISTO!

 

 

Para rematar... fixemos unha exposición con todos os cuadros. A "I MOSTRA ARTÍSTICA DO CASTRO BAXOI".

E como non podía ser doutra forma, nós mesm@s fixemos a invitación para as familias.

Invitacións:

 

 

 

O día da exposición tivemos a sorte de contar coa pintora Monserrat Anguiano. Durante toda a mañá estivo impartindo un obradoiro no que compartiu moitas experiencias con todo o alumnado de Infantil e da Aula Específica.

 

 

Podedes ver máis imaxes de todo o proceso se escaneades o código QR.