ALERTA LARANXA

Mañá xoves 6, a Consellería de Educación por mor da ALERTA LARANXA por refachos de vento superiores a 100 km/h, acordou a suspensión das actividades no exterior dende as 12:00 horas ata as 20:00 horas, na totalidade das provincias de A Coruña e Pontevedra.

Por esta razón, de manterse a alerta, non saíremos ao patio a partir desta hora, quedando tamén suspendida a actividade da plantación de árbores en Costa Miño do proxecto CUBICAXE ata o próximo luns 10 de xuño. 

Tedes información na páxina de Consellería 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28006 

E podedes seguir a información metorolóxica na páxina de AEMET 

http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal