CUBICAXE

ACTIVIDADES XANEIRO

PLÁSTICO 0!

 Olfamilias!

        Desta volta e como actividade para o mes de xaneiro dentro do proxectCubicaxe.gz propoñemos  reducir o consumo diario de bolsas de plástico.

     Unha das formas nas que o noso alumnado consume  bolsas de plástico é nas súas merendas. A proposta é  mudar as bolsas de plástico por recipientes que se poidan volver utilizar.

        Hai moitas posibilidades:  bolsas de tea,caixas de plástico herméticas, bolsas para bocadillos... 

      Utilizade a que máis vos guste.

        O obxectivo ébolsas de plástico 0!

      Por outra banda estamos levando a cabo unha proposta, todos os venres que consiste en non traer na merenda nada que conteña plástico. Xa sabedes, animádevos a particpar!

        Aquí tedes un exemplo das bolsas que entregaremos ao alumnado de Infantil. 

 

Grazas!

REDUCINDO POLO CAMIÑO,

COIDAMOSMIÑO!