ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR


Na Xunta Electoral celebrada este luns 19, foron proclamados os candidatos para a renovación do Consello Escolar. No arquivo adxunto recóllese a relación das candidaturas do alumnado e profesorado. Faise constar que non houbo candidatos das nais, pais e representantes legais do alumnado, polo que estas vacantes quedarán sen cubrir.

Estableceuse tamén o día da votación, o MARTES 27 DE OUTUBRO, de 11:00 a 12:00 para o alumnado e ás 14:00 horas en claustro extraordinario para o profesorado.

Tamén foron elixidos os membros das mesas electorais. A dos alumnos estará constituída por:

- A directora, que actuará como presidenta.

- Os alumnos:

- Noa Ramallo Souto, que actuará como secretaria.

- Samuel Sánchez Lago.

- César Castro Cabeiro (suplente)

- Marta Ferreira González (suplente).

A do profesorado estará constituída por:

- A directora, que actuará como presidenta.

- Os profesores:

- José Antonio Santiago Bouza

- Uxía Cagiao Teijo, que actuará como secretaria.