ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Constituída a Xunta Electoral este xoves 8 de novembro, a partir de mañá, venres 9, pódese consultar o censo dos responsables do alumnado na Secretaría do Centro. Calquera erro no mesmo pode ser subsanado na mesma Secretaría.

Tamén dende o venres 9 ata o venres 16 de novembro, tanto os responsables do alumnado, como o profesorado ou o alumnado poden presentar as súas candidaturas na propia secretaría, onde deberán cubrir para tal fin un impreso.