PROXECTO UGANDA

Dende hai unhas semanas, o alumnado de 1º e 4º de E.P. estamos a traballar nun proxecto relacionado con Uganda. Establecimos contacto cunha mestra que traballa alí dando clase de clarinete nunha escola de música en Adjumani: Cristina Otero.

O pasado 9 de maio,Cristina, que é a directora académica de Vura Music Project, acudiu ao noso Centro para comentarnos de primeira man como se vive en Uganda e cal é a labor que están a desenvolver alí.

O alumnado estaba entusiasmado!!! Non paraban de facerlle todo tipo de preguntas: como son as casas por dentro? Porque os nenos de Uganda sempre sorrín? Por que houbo unha guerra? A que xogan?...

         

Ensinounos unha kalimba,instrumento que tocan en Uganda. Tamén nos tocou unha peza co clarinete: a mesma peza coa que se inician alí os seus alumnos.

O C.P.I. Castro Baxoi quixo poñer o seu pequeno gran de area,doando algúns instrumentos da aula de Música ( feito que agradecemos a Guti e Patricia)

Non pensedes que isto remata aquí!

Pretendemos tender unha ponte entre Adjumani e Miño e ,co tempo, poder manter unha estreita relación e colaboración.

GRACIAS,CRISTINA,POLO QUE NOS APORTAS:UNHA VISIÓN DIFERENTE DO MUNDO.