No programa 4 de Radiomiñoca, que xa está colgado na páxina web do cole, escoitaredes, conducido por Lian:
-Unha entrevista a Carla del Río, asesora de imaxe, estilista e bloguera, veciña da nosa vila (SUBIR FOTo)
-Diego lerá un poema, bonito, como sempre.
-Lian tírase á piscina coas preguntas patio
-Adrián presenta un grupo de alumnos-as de 3º de Primaria que contestan a pregunta “Que queres ser de maior?”
-Geraldin e Iván cóntannos algunha curiosidade deste mundo tan curioso e marabilloso
-Josete segue coa súa sección de hábitos saudables.
-Lian e Iván len uns chíos sobre a lectura, os libros, as bibliotecas…
-A rapazada de Oratoria recita uns poemas para a Paz.
-E por último, temos outra entrevista extra á autora Yolanda Castaño, quen estivo no noso cole dando un taller poético para o alumnado de 4º ESO.