FESTIVAL DE NADAL

O pasado 21 de decembro,celebramos no Castro Baxoi o festival de Nadal. Houbo moita variedade nos espectáculos. Tanto en 1º coma en 2º de E.P. decidimos montar actuacións relacionadas co proxecto da Biblioteca do noso Centro: o século XX.

        

 O MUNDO DE FRIDA E DALÍ

obra teatral representada en 2 actos polos grandes actores de 1º A e 1º B

   

O BAILE NO SÉCULO XX

Os alumnos de 2º A bailaron e fixeron bailar ao público alí presente!!! Ademais explícaronnos a historia do baile no século XX.

     

O alumnado de 2º B deunos unha clase de aerobic. Pasámolo en grande!!!!