AS ABELLAS

             

O pasado mércores 7 de decembro, Manolo ( o avó do noso compañeiro Jaime de 1º E.P.) ofreceuse moi amablemente a compartir os seus coñecementos sobre uns animais moi importantes nas nosas vidas: AS ABELLAS.

O alumnado de 1º tivo unha clase "moi especial e diferente".

Non todos os días teñen a oportunidade de ver unha colmea, observar de cerca os paneis onde estes insectos fan o mel ou a raíña pon os seus ovos.

    

Todos e todas puideron observar os distintos utensilios que se utilizan para acercarse ás abellas e manipular o mel sen que nos piquen.

Ademáis aprendimos que das abellas podemos aproveitar moitas cousas: ata o veleno!

Gracias,Manolo, por adicarnos o teu tempo e polo mel que nos regalaches.

Esperamos volver a verte na primavera,cando nos traias un enxame.