CONTOS PARA LER SEN LETRAS. VISITAMOS UN MUSEO

 
          

O luns, 28 de novembro, o alumnado de 1º de E.P. visitou o museo Mª José Jove.

O primeiro que nos ensinaron foi que os cadros hai que aprender a lelos. Cada un conta unha historia. Algúns son fáciles de ler ( os realistas) ,outros son un pouco máis complicados ( os abstractos). Son coma contos para ler sen letras.

Nesta visita tratamos os seguintes contidos:

-Retrato e autorretrato.

-Como lemos un cadro?

-Realismo e surrealismo.

-Arte abstracto.

               

Vimos algunhas obras de Dalí,un dos pintores do século XX que estamos a traballar no cole.

Tamén nos deixaron " acariciar" unha escultura de granito.Finalizamos a visita cun obradoiro.

Foi unha experiencia moi enriquecedora!!!