Magosto e Samaín

O pasado venres,28 de outubro, todo o Centro celebrou o Magosto e Samaín. O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria participou nos xogos que estaban organizados no patio.

                     

                     

Despois de tanta actividade entrounos a fame! Comimos as castañas asadas que os nosos profes nos repartiron.

Ao longo da semana, levamos a cabo toda unha serie de actividades para celebrar estas festas: decorado das aulas, dos corredores, exposición de cabazas...