Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Abril 21, 2022

 

O alumnado de primaria de 2ºA e de 4ºA, e as mestras Mar, Belén, Eva e Zeltia, estamos a participar nun programa europeo: O e-Twinning. 

Xunto cos nosxs socixs Europeos das Escolas de Portoalegre, estamos a desenvolver un proxecto chamado "Mariña Camiña", co que traballaremos sobre o noso patrimonio máis cercano. Difundiremos  costumes, gastronomía, a nosa paisaxe etc. e tamén aprenderemos cousiñas do patrimonio dos nosxs amigxs portugueses. Estade ben atentos e atentas!

Start: 21/04/2022 18:13

Unha das actividades que fixemos foi crear a nosa propia Mariña Camiña. Cada alumno deseñou a súa e vaia propostas tan fermosas tivemos!

 

 

Start: 21/04/2022 18:49

Os alumnos de 2º A eleximos entre as que crearon os compañeiros e compañeiras de 4ºA, e viceversa. As puxemos en mural e votamos. Catro foron as candidatas finais e tan só unha a gañadora. O resultado foi moi axustado, temos moito talento a verdade. 

 

FINALISTAS:

Venres Abril 22, 2022

Aquí tedes unha pequena mostra dos Obradoiros de percusión que se están levando a cabo na primaria. Grazas ao profe Diego, que ademáis de ser o titor de 3ºC, é percusionista e está impartindo estas clases.

Luns Maio 02, 2022

Aquí tedes un video resumo da actividade "Ler o aire libro", organizada para conmemorar o Día do libro.

 

Domingo Maio 08, 2022

O pasado mércores día 4 celebramos "Os maios". Os alumnos e alumnas de 4º de primaria, o alumnado da aula específica e os mestres encargados, fixeron un gran traballo que puidemos desfrutar todo o cole.

Moitas grazas a todas as familias polas súas aportacións de flores e de verde.

E un agradecemento especial á nosa Carmen Sánchez, que pese a estar xa desfrutando da súa xubilación, achegouse a axudarnos. Grazas Carmen! 

  

 

 

 

Domingo Maio 15, 2022
Start: 15/05/2022 13:31

O venres celebramos o día das Letras Galegas. Tivemos a sorte de que Pedro e Andrea da ACDR O´Castro de Miño viñeran a darnos un concerto de música tradicional. Bailamos unha muiñeira, fixemos unha roda, cantamos e puidemos desfrutar da súa arte coa gaita e coa percusión tradicional.

Ademais, como cada ano, cada clase creo os seus "Poemiños polas letras" que xa están nos comercios da nosa vila para ser repartidos. Cando rematou o concerto, cada clase compartiu un dos seus Poemiños. Cantos poeta temos polo cole!  Sorriso

Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos.

 

 

 

Start: 15/05/2022 23:08

O pasado día 5 de maio o alumnado de 2ºA e de 4ºA que participamos no Proxecto e-Twinning Europeo, fixemos unha andaina polo Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila. Esta andaina foi simultánea xunto cos nosos socios portugueses das Escolas Regio de Portalegre. Cando chegamos a Ponte do Porco fixemos unha videochamada con eles, e cando regresabamos pola Senda dos Sentidos, puidemos conectar outra vez. Foi un día de moitas emocións! 

A continuación tedes unhas fotos.

 

 

 

 

 

Distribuir contido