A SEMENTE DA IGUALDADE
Aquí tedes o video que fixemos co motivo do 8M. Está inspirado no conto "Wangari y los árboles de la paz". Esta actividade está dentro do proxecto "Explorando a igualdade: Tinogona" que gañou o premio Concepción Arenal. Outra vez os pequechxs volvemos a colaborar co alumnado da aula específica. Que ben traballamos xuntxs!!!
Esperamos que vos guste!!
Pulsade aquí para ver o video.
CELEBRAMOS O ENTROIDO!
Este ano celebramos o noso "Entroido Africano" cun desfile polas rúas do pobo. Animais da Sabana, Massais, traxes típicos de Mozambique, Cabo Verde e Etiopía, Exipcios, Tuaregs, xs protagonistas da peli de Memorias de África, a comitiva que ía enterrar ao MECO... incluso tivemos a sorte de contar co Fulión grazas aos nenos e nenas do Combo musical a ao seu profe. Todxs xuntxs camiñamos polas rúas de Miño e compartimos un rato fantástico coas familias e veciñxs de Miño. Moitísimas grazas a toda a comunidade educativa polo traballo realizado para levar adiante esta idea. Grazas tamén a Policía Local, a Protección civil, ao Concello e a todas as familias pola colaboración.
Aquí vai a foto que tomamos ao chegar ao cole de volta.
Despois da foto, lectura do testamento do MECO e... a merendar! filloas, rosquillas, orellas... non faltou nada!