No cole, o xoves 22 de maio, visitáronnos O Caruncho e Pinto d'Herbón para coñecer algo máis sobre as nosas regueifas:
Inventamos unha regueifa con estas palabras: CARBALLO e AGASALLO:
Hoxe é o meu cumpreanos,
regaláronme un carballo,
iso non me gustou nada
pois quería outro agasallo.
E agora, inventamos outra que comezase por este verso: GÚSTAME ANDAR DE FESTA:
Gústame andar de festa
cos meus amigos da alma,
e se ás veces son pesados
eu podo perder a calma.
E esta co verso final da anterior:
Eu podo perder a calma,
entón escribo poemas,
poden ser de mar ou terra
ou tamén sobre outros temas.
(David Blanco, 3º B ESO)
E OUTRAS:
Comín na casa da sogra,
non me deu máis que repolo,
cando veña á miña casa
fartareina de cebolo.
Paseando polo campo,
encontrei xunto ao carballo
unha fermosa muller
que me deu un agasallo.
(…)
ENCANTOUNOS REGUEIFEAR!