Día do libro 2014

24/04/2014 21:26
Atlantic/Bermuda

O 23 de abril, como todos os anos, dedicamos un tempo a celebrar o DÍA DO LIBRO. Fixémolo nun recuncho especial creado para darlle unha segunda vida aos libros e ás cintas de vídeo que estiveron á nosa disposición durante moito tempo e que agora xa non se utilizan. A carón do sofá-libro que construímos, colocamos un exemplar de DON QUIXOTE e os libros creados polos alumnos e sentámonos a ler e escoitar ler. Don Quixote, Sancho Panza, Dulcinea e o mesmo Cervantes acompañáronnos nesta xornada tan especial.