MOVE A TÚA LINGUA! Porque... che sae do galego!
A lingua é un órgano móbil situado no interior da boca , que desempeña importantes funcións como a mastigación , a deglución , a linguaxe e o sentido do gusto.
A lingua móvese para falar, para rir ás gargalladas, para sorrir, tamén para respirar, para comer...
Así que... Move a túa lingua! Porque se deixamos de movela, se non a usamos, podemos morrer como pobo, como cultura, como país, como persoas.
1. OUTUBRO: Imos comezar, así que o primeiro que faremos este curso para MOVER A LINGUA será un CONCURSIÑO, no que participarán os niveis de Infantil, Primaria e Secundaria do noso cole.
XA TEMOS GAÑADORES!
Xana Rivas (5º A EP)
Pedro Luaces (4º A ESO)
A raíz desta actividade "tiramos" por outra: A "UVI LINGÜÍSTICA", onde recolleremos palabras galegas que hai que coidar xa que desapareceron ou están a piques de desaparecer. Os "pelotonianos" pasarán polas aulas explicando como se vai levar a cabo.
Estas son algunhas palabras que precisan coidados intensivos:
ABOFÉ: De verdade e de boa fe.
CHORÍN: Variante dialectal para nomear a flor da mimosa, que ten que ver coa flor do toxo, chorima.
ZALUPA: Hipo.
GARATUXA: Caricia ou carantoña.
PINCHACARNEIRO: Voltereta
ALMOFÍA: Palangana que antes había nos dormitorios.
OLIO: Esencia da fariña utilizada na gastronomía galega.
ARNELA: Praia situada entre dous montes. Xa só se emprega como topónimo.
PELOURO: A canica grande.
VEZAR: Ter algo por hábito.
AVEZAR: Ter algo por costume.
...
2. NOVEMBRO: En novembro seremos poetas! O pelotón lingüístico e os salicornianos pasarán polas aulas para explicarvos en que consistirá a actividade -ACCIÓN POÉTICA-. Participará Secundaria.
Aquí unha foto da Acción Poética do cole:
3. DECEMBRO: En decembro o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria do noso cole buscará información sobre os nomes dos animais nun concurso titulado "O TEU FOCIÑO SÓAME". Aquí están as bases. E aquí os 50 fociños!
4. XANEIRO. En xaneiro, COA TÚA LINGUA, O TEU NOME. Xogamos coa antroponimia e a toponimia. Participa o alumando de Secundaria.
5. FEBREIRO. Neste mes, COA TÚA LINGUA, CAMIÑA POR MIÑO. O alumnado de PDC expoñerá os seus "Miñorroteiros".
6. MARZO. MOVE A TÚA LINGUA E REGUEIFEA! O alumnado de Primaria asistirá a un taller de regueifas.
6. XUÑO: Refraneamos en galego? Participan avós e avoas e alumnado de Secundaria que traerán un refrán como entrada ao cole. Os membros do pelotón lingüístico e do Club de lectura Salicornia serán os "porteiros".
E TAMÉN...
-Colaboramos e participamos nas festas, días de... e celebracións de cada curso:
-Samaín
-Día da non violencia
-Nadal
-Día da Paz
-A Candeloria
-Día de Rosalía
-Día do libro
-Os maios
-Festa da palabra
-Día das Letras Galegas
-Publicamos a nosa revista "Dtodo"
-Somos solidarios
-Levamos a cabo outras cousiñas:
1. A RADIO ESCOLAR
2. Xogamos ao xadrez? Aquí tedes manuais en galego (varios niveis).
3. Aprendemos dez razóns para amar o galego
4. No día de Rosalía, Eyre e Galicia XUNTAS!!!