Xa celebramos o MAGOSTO.O día deu para moito, fixemos os cucuruchos, divertímonos cos xogos populares e, sobre todo, comemos castañas...
Aínda que, como o ano pasado, o clima parecía que non estaba con nós, ó final todo quedou nun día con algunhas nubes pero "nin chisca de choiva".
Así, puidemos saír ó patio e festexar todos xuntos esta tradicional celebración.Ademais de comer castañas, este día tamén entregamos os premios da decoración de portas e corredores:
Grazas a todos e todas por colaborar e noraboa aos premiados.
Grazas tamén ós rapaces/as de Secundaria pola súa axuda nos xogos populares, así da gusto.Seguide así.
ATA O ANO QUE VÉN!!!
Podedes ver fotos da festa e dos adornos do colexio na GALERÍA.