Skip to Content

Responder ó comentario

Se Rosalía soubese rapear...

 

Que tal o taller de RAP?


Máis imaxes

-David: grazas por resolver as dúbidas entre rap e hip-hop. O rap é un dos estilos de música que máis me apaixoan. Xa buscarei cancións túas, seguro que son boísimas. Espero que volvas prontiño!  Asinado:    BIG MACK!

 

-Antes xa me gustaba un pouco o rap, pero dende o teu taller aínda me gusta máis e ademais descubrín que non se me dá tan mal como pensaba. Espero que volvas máis veces. Bicos. MARTA, FUEGO.

 

-David: pasámolo moi ben contigo no taller. Foi moi divertido e creo que eu e todos queremos repetilo, así que ata cando queiras volver! Esperamos que ti tamén o pasases moi ben. Moitos bicos e volve pronto!   ÁNGELA

 

-Grazas polo taller ou presentación, como lle queiras chamar. O rap non é o meu pero estivo de... madre.

 

-A min non me gustaba o rap pero a clase foi moi interesante.

 

-Non me facía moito ilusión o rap, pero non me desgustou a experiencia. Foi divertido. Por min, repito.

 

-Gustoume moito o taller de rap. A ver se volves. Bicos. Yeahhh!!!

 

-Gustome moito o taller pero gustaríame ter feito máis práctica de rap que o xogo das rimas.

 

-Antes o rap non me agradaba, sinceramente non facía caso del. A raíz do taller comecei a querelo un pouco máis. Despois disto xa me comez a gustar. Moitas grazas e esperamos que volvas pronto! ANDREA, FUEGO.

 

-Estivo moi ben a “clase” do mércores. Encantaríanos que volveses! Asido. : McMENÚ

 

-Ola, David. Gustoume o taller de rap. O rap gústame moito polas rimas e cousas polo estilo. En fin... saúdos e a ver se triunfas. Te lo mereces.

 

-Gustaríame moito poder ter a oportunidade de novo de acudir ao taller de rap. Paseino moi ben e descubrín, grazas ao taller, unha nova “arte” que realmente me gusta, a pesar de que non se me dá precisamente ben, pero gustaríame seguir aprendendo. Ademais pareceume un taller moi didáctico e creo que lles gustou a todos os alumnos-as.

 

-Paseino moi ben no taller de rap do pasado luns. Debo dicirche que o rap non era algo que me gustara, pero despois disto estou máis interesada nel. Botei un pouco de menos a demostración e quizais me gustaría escoitar algo máis de rap. Estaría ben repetir a experiencia. Foron dúas horas moi ben empregadas.

 

-Gustoume moito porque foi moi entretido. Gustoume sobre todo a parte na que rapeamos o poema que nos deron de Rosalía de Castro (“Negra sombra”). Os dous rapaces eran moi simpáticos e aos dous lles gustaron moito as rimas que fixemos.

 

-O taller de rap encantoume. Foi todo xenial xa que estivemos de moi bo rollo. O que máis me gustou foi cando nos fixeron rapear! SHEILA

 

-A min realmente me encantou. Non sabía que se podía pasar tan ben rapeando. Descubrín cualidades que antes non sabía que tiña. Ensinounos a rimar mellor e coñecemos palabras novas. TAMARA ALLEGUE

 

-O taller foi moi divertido e entretido. O xogo do dicionario foi moi orixinal. Gustoume moito. Foi unha experiencia moi interesante e innovadora.

 

-Pareceume unha boa idea. Aprendemos a rimar mellor do que sabiamos e a transformar os textos poéticos en raps. Aprendín que se pode facer rap con calquera base. Os profesores eran moi simpá ticos. Notábase que David estaba nervioso, pero dá igual. Paseino moi ben e descubrín que o rap pode ser moi divertido.

 

-Estivo bastante ben porque fixemos xogos divertidos e ademais ver ao señor rapear foi impresionante. Intentamos facer rimas con palabra e algunhas eran máis difíciles que outras. Rimos moito todos.

 

-Estivo xenial. Fixemos xogos nos que tiñas que pensar para gañar. Todos os grupos conseguimos algún punto e despois rapeamos un poema de Rosalía de Castro. Estivo ben aprender a facer rimas e rapear. O peor... que non puidemos usar a mesa de mezclas porque non deu tempo...

-O taller gustoume moito porque me serviu para descubrir que tiña máis imaxinación da que cría e tamén a perder a vergoña diante dos meus compañeiros-as. Tamén aprendín moitas cousas relacionadas co rap e como se pode rapear.

 

-Gustoume moito porque nunca probara a rapear e descubrín que é moi interesante. Tamén me gustou, o que máis, inventar rimas e despois rapealas e tamén o de rapear poemas coñecidos como o de “Negra sombra”. Influíu tamén o bos rapaces que eran David e Virxinia.

 

-Pareceume moi ben o taller xa que foi un cambio na nosa rutina, ademais de aprender moitas cousas novas. Debería repetirse!!!

 

-Estivo bastante ben. O que máis me gustou foi escoitar as distintas bases que podías poñer nas letras. O máis difícil foi facer rimas.

 

-Foi moi divertido pero preferiría facer a clase con máis música.

 

-Moi entretido e divertido, aínda que estaría mellor cun pouquiño máis de música xa dende o principio, para ir pillando o ritmo.

 

-Estivo moi ben pero precisaba de maior preparación respecto ao tempo, 140 min. non son suficiente para explicalo todo. Os xogos parecéronme fáciles e rápidos, pero gustaríame ter máis tempo para contestar. A música de rap non me gusta moito pero polo menos se me pasou rápido o tempo...

 

-Gustoume o teu taller pero para as próximas veces intenta facelo máis rápido, así dará tempo a todo.

 

-Pareceume ben.

 

-Un taller de rap moi guai, David!! Fixéchesnos rir moito e pasámolo moi ben! Deiteime sabendo moitas cousas novas, aínda que teño que poñelas en práctica porque se non... non me van servir de nada, jejeje... Moitas grazas por facernos pasar unha tarde agradable. Un bico. :-)      TAMARA TENREIRO

-David: fixéchesnos felices rapeando sen parar pero sen facernos cansar! O taller estivo ben pero facía falta un pouco máis de tempo.

 

-Gustoume moito o taller. Tes que vir máis veces. Rimos moito e pasámolo moi ben. Damián.

Responder



by Dr. Radut