ADMISIÓN CURSO 2019-20

Non ten autorización para ver comentarios.

CALENDARIO DE ADMISIÓN 2019-2020

Presentación solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de Marzo

Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo

Do 21 de Marzo ao 3 de Abril

(10 días hábiles)

Publicación listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de Abril

Publicación listaxes definitivos de admitidos e non admitidos

Antes do 15 de Maio

Formalización matrícula

EI, EP: 20-30 de Xuño

(1 de Xullo ao non ser hábil o 30)

ESO, BAC: 25 de Xuño-10 de Xullo.

Formalización matrícula. Prazo extraordinario (ESO/BAC)

Do 1 ao 10 de Setembro

 

Decreto 254/2012 do 13 de decembro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf

 Orde do 12 deMarzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2012/12/26/20130315_admision_inf_prim_sec_bac.pdf

 Orde do 25 de Xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de Marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2 ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision_1.pdf

 Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2019-20.

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/Instrucions%20%20admision%20curso%202019-20.pdf

 Xefatura Territorial da Coruña. Proceso de admisión de alumnos (2019-2020) Instrucións para os centros sostidos con fondos públicos.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=system/files/Instrucci%C3%B3ns%20Xefatura%20Territorial.pdf

 Resolución de 27 de Febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 da orde do 12 de marzo de 2013.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_resultado_sorteo_anual_letras_admision_2019-2020.pdf

 

IMPORTANTE:

1.- Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento disto supoñerá a perda de dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2.- O alumno que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.- O alumno que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

4.- O CPI Castro Baxoi ten como centros adscritos as escolas unitarias de Bemantes e Torres. O noso centro está adscrito o IES Fraga do Eume de Pontedeume.

5.- O noso centro dispón de servizo de transporte escolar. A ANPA xestiona un servizo de mañanceiros e comedor.

 

 Anexo II: formulario de solicitude de admisión (debe acompañarse coa fotocopia do DNI do alumno ou, no seu defecto, fotocopia do libro de familia)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_ii_formulario_de_admision.pdf