ACTIVIDADES XANEIRO
PLÁSTICO 0!
Ola familias!
Desta volta e como actividade para o mes de xaneiro dentro do proxecto Cubicaxe.gz propoñemos reducir o consumo diario de bolsas de plástico.
Unha das formas nas que o noso alumnado consume bolsas de plástico é nas súas merendas. A proposta é mudar as bolsas de plástico por recipientes que se poidan volver utilizar.
Hai moitas posibilidades: bolsas de tea,caixas de plástico herméticas, bolsas para bocadillos...
Utilizade a que máis vos guste.
O obxectivo é: bolsas de plástico 0!
Por outra banda estamos levando a cabo unha proposta, todos os venres que consiste en non traer na merenda nada que conteña plástico. Xa sabedes, animádevos a particpar!
Aquí tedes un exemplo das bolsas que entregaremos ao alumnado de Infantil.
Grazas!
REDUCINDO POLO CAMIÑO,
COIDAMOSMIÑO!