INICIO CURSO 2018-2019

Non ten autorización para ver comentarios.

COMENZAMOS O CURSO...

EDUCACIÓN INFANTIL:

- 4º (3 anos): Inicio do curso o mércores 12 de setembro conforme o período de adaptación informado polas titoras.

- 5º e 6º (4 e 5 anos): Inicio da actividade lectiva o mércores 12 en horario de 9:00 a 14:00 horas. 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

As clases comenzarán o mércores 12 para todos os cursos, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

EDUCACIÓN SECUNDARIA:

- PRESENTACIÓN: LUNS 17 DE SETEMBRO.

1º ESO: 12:00 a 14:00 horas.

2º ESO: 12:15 a 14:00 horas.

3º e 4º ESO: 12:30 a 14:00 horas.

O luns 17 non haberá clase pola tarde. Empezo da actividade lectiva en horario normal o martes 18.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

- TRANSPORTE ESCOLAR: Para Infantil e Primaria empezará o mércores 12 en horario de 9:00 a 12:00 horas.

O luns 17, para o alumnado da ESO, haberá transporte escolar que os recollerá polas paradas para chegar ao centro ás 12:00 horas. Ao finalizar a presentación ás 14:00 horas, poderán usar o transporte escolar da forma habitual. Non haberá servizo de transporte para o alumnado da ESO esa tarde.

- SERVIZO DE COMEDOR E MAÑANCEIROS: 

Empezará para o alumnado de Infantil e Primaria o mércores 12 e para Secundaria o luns 17.