PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO. CURSO 2018-19

Non ten autorización para ver comentarios.

         A orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,

 ESTABLECE:

  • No seu artigo 9, a garantía de permanencia no centro docente para o alumnado matriculado no mesmo, polo que o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
  • No seu artigo 10, punto 1, que o alumnado procedente dos centros adscritos de educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria, terá prioridade para a admisión de conformidade co artigo 9.2 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

POLO TANTO:

  • O alumnado que no curso 17-18 estea matriculado no noso centro e permaneza no curso 18-19 non deberá realizar reserva nin admisión.
  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado (anexo I desta orde) entre os días 1 e 15 de febreiro.
  • Podedes descargar o modelo neste enlace:

 https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.01.pd 

 

Seguindo esta orde, o alumnado dos centros adscritos, é dicir, o CEIP de Bemantes e o CEIP de Torres, que desexen continuar os seus estudos no CPI CASTRO BAXOI no próximo curso, deberán presentar entre o 1 e o 15 de febreiro, nestes centros, a solicitude de reserva de praza para o curso 18-19.

         Así mesmo, o alumnado de 4º da ESO que queira continuar os seus estudos de bacharelato no centro ao que estamos adscritos, o IES FRAGA do EUME de Pontedeume, deberá presentar a solicitude no noso centro (CPI CASTRO BAXOI), nesas mesmas datas. Será o noso centro o que remita ditas solicitudes ao centro de adscrición.

         Unha vez rematado o proceso de reserva, levarase a cabo o procedemento ordinario de admisión do alumnado para o curso 2018-19, entre o 1 e o 20 de marzo. Deste proceso terán toda a información a través desta páxina web.

Podedes atopar información do proceso na seguinte dirección

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113