CURSO 2017-18. INICIO DO CURSO.

Non ten autorización para ver comentarios.

CURSO 2017-18

INICIO CURSO

INFORMACIÓN VARIAS

 

EXAMES SETEMBRO:

  • Os exames de setembro da ESO terán lugar o venres 1, luns 4 e martes 5.
  • A entrega de boletíns ao alumnado terá lugar o mércores 6 ás 10:00 horas. A partir dese momento o alumnado poderá solicitar ao profesorado a revisión dos exames.
  • Presentación de reclamacións, xoves 7 e venres 8, de 10:00 a 13:00 horas. 

 

FONDO DE LIBROS PARA O ALUMNADO DA ESO:

Os alumnos da ESO que se examinaron en setembro, deberán entregar todos os libros do fondo que recibiron o curso pasado (e  que aparecen no documento de devolución que se lles foi entregado), antes do MÉRCORES 6 NA SECRETARÍA DO CENTRO. Deben entregar todos os libros á vez. Os alumnos que non o fagan perderán o seu dereito ao fondo de libros para o curso 17-18.

 

MATRÍCULA ESO:

Unha vez entregados os boletíns, o alumnado da ESO poderá matricularse o día 6, 7 e 8. Os días dos exames poderán levar a documentación necesaria para facer a matrícula. Para facilitar a organización do curso, prégase que o fagan o antes posible. Unha vez matriculados todos os alumnos publicaranse a listaxe coa adxudicación dos libros do fondo para a ESO, para o curso 17-18.

PROXECTO EDIXGAL:

O noso centro foi admitido definitivamente no proxecto EDIXGAL que se iniciará no curso 17-18 co uso dos libros dixitais en 5º de Primaria e 1º ESO. Polo tanto o alumnado destes cursos non debe mercar libros de texto. 

 

INICIO DO CURSO:

- Alumnado de Infantil e Primaria: LUNS 11, de 9:00 a 14:00 horas. Recordade que o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), conforme á lei, iniciará o período de adaptación seguindo as indicacións feitas polas titoras nas reunións coas familias.

- Alumnado da ESO:

  • VENRES 15, presentación (publicarase horarios nesta páxina)
  • LUNS 18, inicio das clases en horario habitual.