"A guerra dos números" premiada como "Mellor obra de ficción"

Non ten autorización para ver comentarios.

A nosa película de animación participou no "FESTIVAL DOS SOÑADORES" organizado polo CEIP Canosa-Rus de Coristanco.Quedamos como finalistas en dúas modalidades: Mellor obra de animación e Mellor obra de ficción.

Finalmente acadamos o 1º Premio nesta última categoría.

Acudiu á entrega de galardóns a mestra de 1ºA,Zeltia López Sande, o pasado 6 de xuño. O alumnado de 1º de E.P. seguiu en directo a gala de entrega de premios a través de Youtube. Deste xeito, puideron vivir a experiencia de preto dende Miño. O momento no que nos concederon o premio foi unha explosión de ledicia para o profesorado e o alumnado.

Os nosos parabéns ao CEIP Canosa-Rus pola magnífica labor que levaron a cabo ao longo de todo o curso, que culminou con este "FESTIVAL DOS SOÑADORES"

A continuación tedes varios enlaces relacionados co FESTIVAL.

https://www.youtube.com/watch?v=_Y9EiVhu0L4&feature=youtu.be

https://festivalsonhadores.blogspot.com.es/2017/06/curtas-premiadas.html