ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
En reunión da Xunta Electoral celebrada o pasado 3 de novembro, aprobouse o calendario para a celebración do proceso electoral para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar. O proceso será o seguinte:
- Do 3 ao 11 de Novembro: presentación de candidaturas na Secretaría do centro.
- A partir do 3 de Novembro, publicación dos censos electorais. Pódese presentar reclamacións do mesmo na Secretaría do centro.
- 14 de Novembro: proclamación de candidaturas e inicio do prazo de reclamación das mesmas. Sorteo dos membros das mesas electorais.
- 15 de Novembro: inicio da campaña electoral.
- 29 de Novembro: Votacións.
- 5 de Decembro: Data límite para a constitución do novo Consello Escolar.
Nesa mesma reunión determinouse tamén os membros que serán renovados neste proceso electoral:
- Tres representantes do profesorado.
- Un representante do alumnado.
- Un representante dos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
- Un representante do persoal de servizos e administración.