Especial Entrevista alcalde de Miño e Yolanda Gutiérrez

No programa 6 despedímonos de todos vós. Foi un ano intenso, con moito traballo e agora chegamos ao final de Radiomiñoca por este curso. Este será un programiña “exprés”, na que incluímos as dúas entrevistas que nos quedaron por subir á radio: a do noso alcalde de Miño e a da maratoniana Yolanda Gutiérrez. Aí van! Escoitádeas que vos gustarán e... ata o curso que vén, radiomiñoquensas e radiomiñoquenses!