Skip to Content


Ola formiguiñas, pitiños e baleas!

Hoxe traémosvos unha actividade de lóxico - matemática na que imos crear unha máquina de sumar, coa que poderedes desfrutar e xogar cos números. Esperemos que vos divirtades!

Ata pronto!

Berta, Fer e Nuria :)



BOS DÍAS!!

Esta semana as profes Belén, Kim e Tere traémosvos a canción "Over The Deep Blue Sea"

https://www.youtube.com/watch?v=R8PyqMq2I2E

A xogar!

Apertas virtuais



Bo día familias,

Xa estamos de volta!

Dado que o día 2 de maio (sábado) se celebrou a conmemoración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR, hoxe queremos propoñervos unha actividade en relación con esta data que resulta tan importante para nós, pois consideramos que é fundamental transmitirlle aos nenos/as valores relacionados co respecto, a igualdade e a valoración das diferenzas, o cal tentamos facer todos os días, pero que queremos resaltar hoxe de xeito significativo.

Para celebrar este día escollemos o conto "Orellas de bolboreta", co que vos propoñemos unha actividade conxunta, na que nos encantaría que participárades todos e todas. Podedes vela no pdf adxunto.

Grazas familias e moito ánimo!

Abrazos xigantes para formiguiñas, pitiños e baleas.



Este é o calendario das actividades e conmemoracións plantexadas para o mes de maio. Moito ánimo e grazas por participar!

 

 



Ola de novo!!

Para rematar este mes de abril, tal como indica o calendario, traémosvos unha nova actividade de lectoescritura: "A caixa sopresa"

 

 

Esperamos que desfrutedes con ela!

Volveremos despois da ponte!!



BOS DÍAS formiguiñas, pitiños e baleas!

Xa estamos de volta as profes Kim, Belén e Tere.

Esta semana traémosvos a canción "Color bus".

Esperamos que aprendades moito, a xogar!

Apertas virtuais

https://www.youtube.com/watch?v=mXE6EC9zlmA

 



 

Bo día!

Comezamos unha nova semana e, nesta ocasión, traemos unha actividade de lóxica matemática.

Propoñémosvos un divertido xogo de birlos! 



Bo día familias!

Aquí vos deixamos o vídeo co resultado da actividade proposta pola conmemoración do Día do Libro, "Cachad@s lendo". Podedes velo pinchando na imaxe.

Grazas por participar!

Moitos bicos.

Distribuir contido


by Dr. Radut