Skip to Content


Ola amigos e amigas!

Para a actividade de valores nesta ocasión teredes que facer o voso ropio xoguete!

Pincha na imaxen e a desfrutar!

 

Unha aperta! 



Ola chicos e chicas!

Aquí vos deixo un video que podedes ver pinchando na imaxen.

 

Despois de velo, facede un precioso debuxo da Virxe María, decorado con moitas flores.

Espero as vosas obras de arte, que sei que o facedes moi ben! Publicarei os vosos debuxos no meu blogue.

Un saúdo. María Jesús



Despois de descifrar os catro enigmas propostos na actividade que levamos a cabo para conmemorar o día das LETRAS GALEGAS, os nenos/as conseguen chegar ao tesouro e reciben o seu premio.

Para ver o vídeo só tes que pinchar na imaxe:

NORABOA!!



OLA FAMILIAS!

Como sabedes este curso empezamos con moita ilusión unha nova materia na etapa de Educación Infantil, MUSIC CULTURE, co obxectivo de achegar culturas de países de fala inglesa a través da música.

O país elixido no primeiro trimestre foi ESTADOS UNIDOS. Tivemos a gran sorte de contar coa axuda de Rayann, unha rapaza de EE.UU que nos fixo falar moito inglés!

Coñecemos o nome dalgúns instrumentos musicais como FIDDLE, BANJO e MANDOLIN.

Déixovos o enlace coa canción que bailamos na clase, a ver se recordades o baile!

Trátase do violinista BRUCE MOLSKY, un dos meus profes do curso ao que asistín o verán pasado nos EE.UU, cunha beca para mestres de música que me concedeu a "Scottish Fiddlers of California".

https://www.youtube.com/watch?v=yUaITM8O3L4

Apertas

A profe Tere

 

 



CLASE DE PSICOMOTRICIDADE E INGLÉS

Ola formiguiñas, pitiños e baleas! 

Esta semana a profe Belén e a profe Kim traémosvos unha proposta diferente. Traballaremos vocabulario relacionado cos alimentos. 

OLLO! Se normalmente xa precisábamos da axuda da nosa familia, nesta ocasión necesitarémola aínda máis! 

Así que... cativos/as e familias, estades todos preparados e preparadas? Pois...pinchade na imaxe!!! 



Os nenos/as de Educación Infantil acaban de completar unha misión moi importante!Conseguiron resolver os catro enigmas que lles propuxemos para celebrar o Día das Letras Galegas e despois de enviarnos a súa resolución puideron acceder á pista final para chegar ao tesouro escondido.

Para ver o vídeo só tedes que pinchar na imaxe.

Que haberá no seu interior?



Bo día familias!

Para celebrar a conmemoración de Europa propuxémosvos unha actividade na que os nenos/as debían crear o seu propio País e compoñer o seu himno. Despois de ver os resultados dos/as nosos/as artistas, queremos compartilos con vós. Para ver o vídeo só tedes que pulsar na imaxe.

Noraboa polos resultados!



Bo día nenos e nenas!

Chegou o día de darlle vida a eses vasos de iogur que fai días que estamos gardando nas nosas casas. Por iso... imos pescar! Pero esta pesca, non é unha pesca calquera, senón que é unha PESCA MATEMÁTICA coa que ademais de divertirnos imos aprender moito.

Desfrutade!

Distribuir contido


by Dr. Radut