Skip to Content


Boa tarde familias!

Dado que a partir desta fin de semana os nenos e nenas poderán empezar a saír ás rúas durante 1 hora diaria, cremos que é necesario preparalos adecuadamente para que saiban como deben ser esas saídas e se decaten de que as nosas vidas seguirán sen levarse a cabo con normalidade, a pesar de empezar a dar pequenos pasiños que nos acercarán cada vez máis á nosa vida cotiá.

Neste contexto, os mestres/as de infantil queremos contribuír coas familias axudándovos a explicarlles aos nenos/as como será este proceso, para o que fixemos un vídeo conto que lles axudará moito a comprendelo.

Presentámosvos "A saída do oso goloso en primavera" (podedes velo pinchando na imaxe).

Esperamos que vos guste!

Moitos bicos dos profes Berta, Fer e Nuria.



Bo día familias!

Como xa vos dixemos, hoxe no noso calendario é a quenda da actividade de valores, e nesta ocasión propoñémosvos o visionado do conto "Un regalo diferente", no que se transmiten unha gran variedade de valores fundamentais para os nenos/as, e entre os que queremos destacar a amizade, a lealdade, a honestidade, a creatividade e a humildade.

A continuación, tal e como podedes ver no documento que vos adxuntamos, propoñémosvos que realicedes cos nenos/as dúas actividades que resultarán moi divertidas para eles e elas e coas que se favorecerá moito a imaxinación, ademais de fomentar a práctica das linguaxes artísticas, entre outros aspectos.

Esperamos que desfrutedes moito realizándoa en familia, e recordade enviarnos foto dos fermosos xoguetes creados. Entre todos podemos aportar grandes ideas!

Abrazos para formiguiñas, pitiños e baleas.



Ola familias!

Tal e como podedes ver no calendario, hoxe é a quenda da materia de relixión, na que vos propoño realizar uns cadros de cinta adhesiva.

Para iso debedes seguir o seguinte proceso:

- Poñemos un pouco de cinta adhesiva sobre papel blanco en forma de cruz.

- Coloreamos todo o papel.

- Cando rematedes retirade a cinta para deixar a forma da cruz.

Tedes máis información no meu blog www.relixionmariajesus.blogspot.com, no que podedes encontrar contos, cancións, etc.

Espero que pasedes uns días tranquilos e en familia.

Coa forza de todos e todas conseguirémolo!

Sodes uns campeóns.

 



Bo día Formiguiñas, Pitiños e Baleas!

Ainda que hoxe temos marcado no calendario actividade libre, ao ser 23 de abril e corresponderse co Día do Libro, pensamos que estaría xenial celebralo cunha actividade divertida relacionada con este gran día que debemos festexar.

Esperamos que vos guste!



Bos días formiguiñas, pitiños e baleas!

Unha semana máis xa estamos de volta as profes Kim, Belén e Tere.

Traémosvos unha morea de actividades a través da canción "Put On Your Shoes".

Esperamos que o pasedes moi ben, a xogar!

Apertas virtuais

https://www.youtube.com/watch?v=YbAE21LY0F4

 



Bo día!

Comezamos unha nova semana e, nesta ocasión, traemos unha actividade de lectoescritura.

Propoñémosvos un xogo da oca!!

Aquí tedes un taboleiro do xogo da oca para cada clase e unhas instrucións e ideas de actividades.

Esperamos que vos guste e o pasedes moi ben!



BO DÍA FAMILIAS!

Seguindo o calendario de ABRIL, hoxe propoñémosvos unha actividade artística, que partirá da visualización do conto de "A que sabe a lúa?", que favorece os valores de axuda e cooperación e que resultará moi divertido para os nenos/as.

Con esta actividade favorecerase a escoita atenta, a comprensión, a creatividade e imaxinación e a expresión oral, entre outras. Ademais, traballaremos a linguaxe plástica, musical e corporal.

Esperamos que desfrutedes realizándoa, e recordade enviar unha foto para que poidamos ver as xeniais producións dos nenos/as e poder compartilas cos compañeiros/as.

Un abrazo para formiguiñas, pitiños e baleas.

 



Ola a todos/as! Esta semana, as profes Kim, Belén e Teresa propoñémosvos unhas actividades moi divertidas con animais.

Primeiro, a profe Belén contaravos unha pequena historia.

Despois, poderedes bailar un anaquiño coa profe Kim.

Máis adiante, a profe Teresa ensinaravos os animais a través da música e os movementos.

E por último, teredes que tentar lembrar os sons e os movementos que aprendíchedes!

 

Esperamos que o pasedes moi ben.

Unha aperta!

https://www.youtube.com/watch?v=6dV2-mdvjzY

 

Distribuir contido


by Dr. Radut