Skip to Content


BOS DÍAS FORMIGUIÑAS, PITIÑOS E BALEAS!

Esta semana déixovos a canción "5 DEDITOS" do proxecto Musicaeduca que bailamos e cantamos na clase de Música.

Lembrades que instrumento musical tocabamos ao principio e ao final?

https://www.youtube.com/watch?v=JnVmbdaSuvg

Boa semana!

A profe Tere



I HAVE A PET

Hello formiguiñas, pitiños e baleas!

Aquí estamos a profe Belén e a profe Kim un mércores máis. 

Hoxe, traballaremos cos animais de compañía. Estades preparados e preparadas? Pois PINCHADE NA IMAXE!



Ola!

Aquí vos presentamos o calendario do mes de Xuño!

 

Unha aperta!

 



Ola aminos e amigas!

 

Para comezar o mes de xuño traémosvos un novo xogo de lóxica matemática, co que esperamos que o pasedes moi ben e practiquedes moito!

Un aperta!



Bo día familias, nenos e nenas!

Na actividade de hoxe imos converternos en científicos e científicas, para o que vos traemos dous experimentos para xogar coas cores:

- O camiño da auga

- Arco da vella líquido

 

Coloca o teu uniforme e a EXPERIMENTAR!



BOS DÍAS FORMIGUIÑAS, PITIÑOS E BALEAS!

Seguimos coas nosas lembranzas do país que traballamos no primeiro trimestre, ESTADOS UNIDOS.

Ademais de coñecer algúns instrumentos musicais que se utilizan na música apalache (fiddle, banjo e mandolin) tamén coñecemos ao compositor americano LEROY ANDERSON.

Aquí temos as dúas actividades que fixemos coa súa peza musical "JAZZ PIZZICATO".

- Figuras rítmicas palmeando: negra (ta), parella de corcheas (ti-ti) e silenzo (shs).

- Figuras rítmicas con movementos diferenciados.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=75&v=oAsimwk7DMs&feature=emb_title

Apertas

A profe Tere



HOW MANY FINGERS?

Ola de novo! Que tal están as nosas formiguiñas, pitiños e baleas? 

Esta semana a profe Belén e a profe Kim imos repasar con vós os NÚMEROS. 

Estades listos e listas? Pois pinchade na imaxe que tedes abaixo!!!



Ola de novo!

Seguindo co calendario do mes de maio, hoxe toca actividade de lectoescritura. Aquí vos deixamos unha proposta coa que esperamos que o pasedes moi ben xogando en familia!

 

Unha aperta!

Distribuir contido


by Dr. Radut