Skip to Content


Ola nenos, nenas e familias!

Hoxe traémosvos unha actividade na que vos teredes que convertir en arte!

Buscade o cadro artístico que máis vos guste econvertídevos nel.

 

 

Veña, demóstranos o arte que tes!



O día 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente e dende infantil quixemos aproveitar para poñer o noso gran de area. Como nos atopamos nun contorno marítimo, os nenos/as de Educación Infantil foron ás praias e contribuíron á recollida de lixo, ao mesmo tempo que aprenderon a importancia de coidar a natureza e protexer o noso planeta.

Se pinchades na imaxe podedes ver o vídeo:

Moitas grazas formiguiñas, pitiños e baleas.Grazas por axudar a curar o noso planeta.

Sodes verdadeiros heroes e heroínas!



Ola nenas e nenos!

Entramos na recta final do curso, por iso esta semana imos facer a última tarefa. Será unha ficha interactiva, sin necesidade de imprimir.

Trátase dun crebacabezas da Arca de Noé, unha historia que xa todos coñecedes. Pinchade na imaxe para velo:

Explícovos como tedes que facer para enviarmo:

-Primeiro debedes realizalo.

-Unha vez rematado pinchades en terminado e vedes que aparecen dous indicadores: para saber se é correcta pinchades en comprobar resposta e despois para mandarma pinchades no sobre da dereita e cubrides os datos.

* Recórdovos o meu correo: carballosoneira@gmail.com

Ademais, se queredes facer máis fichas deste tipo podedes ir ao meu blog: www.relixionmariajesus.blogspot.com, onde atoparedes máis fichas interactivas para Educación Infantil (tamén podedes ver as fotos dos vosos debuxos da Virxe María no apartado de "As vosas obras de arte").

Ata pronto!



Bo día familias, nenas e nenos!

Hoxe, tal e como se indica no noso calendario, propoñémosvos unha actividade de valores, coa que pretendemos favorecer a expresión das emocións.

Imos crear a nosa MASCOTA, que nos coidará e nos axudará a regular os nosos sentimentos sempre que o precisemos.

 

Escollede ben cal queredes que sexa a vosa mascota, pois acompañaravos durante moitos días!

Moitos abrazos formiguiñas, pitiños e baleas.



OLA FORMIGUIÑAS, PITIÑOS E BALEAS!

Esta semana convertímonos en PIRATAS, como a nosa amiga a nota musical LA-ra! 

 

 

Collede o parche e subide ao barco do "Pirata Barbarroja" que empezamos!!

Este é o enlace á canción do proxecto Musicaeduca:

https://www.youtube.com/watch?v=z9I9EH4Pa-U

 

Feliz semana!

Apertas da profe Tere



BABY SHARK!

Ola formiguiñas, pitiños e baleas!

Hoxe a profe Belén e a profe Kim queremos bailar con vós, por iso vos presentamos esta canción tan chula.

Esta semana teredes unha misión moi importante! Deberedes aprender o baile da canción e as vosas familias terán que gravarvos. Ás profes vainos facer moita ilusión ver o ben que o facedes!

Estas listos? PINCHADE NA IMAXE!



Bos días formiguiñas, pitiños e baleas!

Hoxe traémosvos unha actividade coa que o pasaredes fenomenal mentras traballades lectoescritura.

Imos converternos en xogadoras e xogadores de fútbol! Estades preparados para comezar a xogar?

 

Que vos divirtades! Un abrazo dos profes Berta, Fer e Nuria.



Bo día familias, nenas e nenos!

Hoxe, día 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, para o que vos propoñemos unha actividade cargada de contido ambiental.

Primeiro debedes escoitar atentamente o vídeo que vos temos preparado , logo ir á praia de Laxe, coas medidas de seguridade oportunas, e realizar unha pequena limpeza. Por último, crear un cartel publicitario cunha mensaxe ecolóxica a favor do medio ambiente.

Seguro que o faredes xenial! Adiante amig@s!

Agardamos as vosas fotografías!

Distribuir contido


by Dr. Radut