Skip to Content


Ola familias!

Aquí tedes os videos co resultado da 8ª misión, na que poñedes a proba a vosa habilidade e demostrades o ben que se vos da pescar!!

Formiguiñas:https://www.youtube.com/watch?v=yaHGXy7Nnvc

Pitiños:https://www.youtube.com/watch?v=HUZydDl6iUw&t=

Baleas:https://www.youtube.com/watch?v=2Zi7Vxfn_9A&t=

 

Moitas gracias por participar!!!

Unha forte aperta!



Ola de novo familias!!

 

Aquí vos deixamos os resultados na 7ª misión contra o coronavirus

Formiguiñas: https://www.youtube.com/watch?v=icyll9P1gcs

Pitiños: https://www.youtube.com/watch?v=vj6qowijxdg

Baleas: https://www.youtube.com/watch?v=UGYTdg7SMx8

 

Moitas gracias pola vosa participación!!

Apertas!!



Comeza a novena misión!

Polo valor de 10 coronapuntos, debedes transformarvos en auténticos/as "mestres/as ioguis" e facernos unha proposta que resulte moi relaxante... Podedes empregar esta canción, para facer unha auténtica porposta de ioga.

Con forza nesta penúltima misión!



Hoxe damos comezo á oitava misión como investigadores e investigadoras! Preparad@s?

O reto que vos temos preparado para hoxe consiste nunha proba de axilidade, na que debedes poñer obxectos a nadar e pescalos cos pés.

Seguro que se vos dá moi, moi ben!

Seguide así, que o  estades facendo xenial!



Ola de novo familias!

Volvemos por aquí para deixarvos o vídeo que elaboramos co fantástico resultado da 6ª misión.

Grazas por seguir participando con tantas ganas! Estamos moi orgullosos de todos vós.

https://www.youtube.com/watch?v=JzExVb0JkIs

Saúdos :)



Bo día familias!

 

Aquí vos deixamos os vídeos co resultado da 5º MISIÓN, que tivemos que dividir por aulas dada a gran cantidade de vídeos e a súa duración.

Pero agora si, están listos para que desfrutedes destes grandes artistas!

 

Formiguiñas: https://www.youtube.com/watch?v=jfdezviMrCE

Pitiños:https://www.youtube.com/watch?v=0zhB3JJERO0

Baleas:https://www.youtube.com/watch?v=EJC9isbMero

 

Seguide así! 

Saúdos formiguiñas, pitiños e baleas.

Vémonos pronto!



Benvidos/as á sétima misión contra o coronavirus!

Nesta ocasión debedes poñer a proba as vosas dotes como escritores/as e os máis atrevidos e atrevidas tamén como narradores/as.

Moito ánimo neste novo reto, confiamos en que o faredes xenial, ao igual que nos anteriores!



Ola familias,

Esta semana traemos unha nova compilación de vídeos, neste caso de contos!! Só tedes que descargar o pdf e facer click na imaxe do conto que queredes ver para ir directamente ao video.

Esperamos que os desfrutedes!

Distribuir contido


by Dr. Radut