Skip to Content


Benvidos/as á sexta misión contra o coronavirus!

Nesta ocasión trátase de crear un personaxe de terror, coa axuda do azar  e das instrucións que vos presentamos, para así asustar ao virus.

Lanzade o dado e imaxinade un temible ser que asuste ao máis valente!

Moita sorte nesta nova misión!



Ola de novo!

Aquí vos deixamos o resultado da 4ª misión contra o coronavirus. Nesta ocasión había que crear unha "Cápsula da felicidade", porque para superar situacións difíciles o mellor é buscar cousas positivas!

 

 

Seguide así, que o estades facendo xenial!!!



Seguimos coa nosa misión investigadora... e aproveitando que hoxe, 27 de marzo, se celebra o día do teatro, nesta quinta misión, propoñémosvos, por valor de 20 coronapuntos, que impresionedes ao virus coas vosas dotes artísticas!

Seguro que vos sae xenial!



Noraboa! Non deixades de superarvos en cada misión, por iso estamos tan orgullosos/as de vós!

Acabades de ganar 10 coronapuntos máis.

Seguide así!

https://youtu.be/_2L5vkGU5P4

 

 



Boa tarde familia,

Os/as mestres/as de educación infantil e primaria fixemos este vídeo con moito amor para animar estes días. En nada estamos todos e todas xuntos/as de novo pasando xenial!

 



Preparados/as para o cuarto reto?

Nesta ocasión debedes traballar as vosas emocións e crear unha orixinal "Cápsula da Felicidade".

Moito ánimo nesta 4ª misión!

 



Este é o resultado da 2ª misión de investigación científica, para que poidades ver todas as pocións, cientificamente probadas, que logran vencer ao coronavirus.

Moi bo traballo amigas e amigos! Deste xeito conseguiremos vencer a este virus!

 



Ola familias!

Aquí vos deixamos un curtas educativas para que vexades cos nenos e nenas!

Si facedes click na imaxen da curta que queirades ver xa vos leva automáticamente ao video. Ademáis tedes explicado que valores se traballan en cada unha por si vos apetece reforzalo na casa.

 

 

Preparade as palomitas e... a gozar!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut