Skip to Content

MUSIC CULTURE - semana do 18 ao 22 de maio

OLA FAMILIAS!

Como sabedes este curso empezamos con moita ilusión unha nova materia na etapa de Educación Infantil, MUSIC CULTURE, co obxectivo de achegar culturas de países de fala inglesa a través da música.

O país elixido no primeiro trimestre foi ESTADOS UNIDOS. Tivemos a gran sorte de contar coa axuda de Rayann, unha rapaza de EE.UU que nos fixo falar moito inglés!

Coñecemos o nome dalgúns instrumentos musicais como FIDDLE, BANJO e MANDOLIN.

Déixovos o enlace coa canción que bailamos na clase, a ver se recordades o baile!

Trátase do violinista BRUCE MOLSKY, un dos meus profes do curso ao que asistín o verán pasado nos EE.UU, cunha beca para mestres de música que me concedeu a "Scottish Fiddlers of California".

https://www.youtube.com/watch?v=yUaITM8O3L4

Apertas

A profe Tere

 

 



page | by Dr. Radut