Ola nenas e nenos!
Entramos na recta final do curso, por iso esta semana imos facer a última tarefa. Será unha ficha interactiva, sin necesidade de imprimir.
Trátase dun crebacabezas da Arca de Noé, unha historia que xa todos coñecedes. Pinchade na imaxe para velo:
Explícovos como tedes que facer para enviarmo:
-Primeiro debedes realizalo.
-Unha vez rematado pinchades en terminado e vedes que aparecen dous indicadores: para saber se é correcta pinchades en comprobar resposta e despois para mandarma pinchades no sobre da dereita e cubrides os datos.
* Recórdovos o meu correo: carballosoneira@gmail.com
Ademais, se queredes facer máis fichas deste tipo podedes ir ao meu blog: www.relixionmariajesus.blogspot.com, onde atoparedes máis fichas interactivas para Educación Infantil (tamén podedes ver as fotos dos vosos debuxos da Virxe María no apartado de "As vosas obras de arte").
Ata pronto!