Skip to Content

infantil

Resultado 7ª misión: Nome ou narración terrorífica

Ola de novo familias!!

 

Aquí vos deixamos os resultados na 7ª misión contra o coronavirus

Formiguiñas: https://www.youtube.com/watch?v=icyll9P1gcs

Pitiños: https://www.youtube.com/watch?v=vj6qowijxdg

Baleas: https://www.youtube.com/watch?v=UGYTdg7SMx8

 

Moitas gracias pola vosa participación!!

Apertas!!

NOVENA MISIÓN CONTRA O CORONAVIRUS: IOGA RELAXANTE.

Comeza a novena misión!

Polo valor de 10 coronapuntos, debedes transformarvos en auténticos/as "mestres/as ioguis" e facernos unha proposta que resulte moi relaxante... Podedes empregar esta canción, para facer unha auténtica porposta de ioga.

Con forza nesta penúltima misión!

OITAVA MISIÓN CONTRA O CORONAVIRUS: PESCA CORONAVÍRICA.

Hoxe damos comezo á oitava misión como investigadores e investigadoras! Preparad@s?

O reto que vos temos preparado para hoxe consiste nunha proba de axilidade, na que debedes poñer obxectos a nadar e pescalos cos pés.

Seguro que se vos dá moi, moi ben!

Seguide así, que o  estades facendo xenial!

RESULTADO 6º MISIÓN: PERSONAXE

Ola de novo familias!

Volvemos por aquí para deixarvos o vídeo que elaboramos co fantástico resultado da 6ª misión.

Grazas por seguir participando con tantas ganas! Estamos moi orgullosos de todos vós.

https://www.youtube.com/watch?v=JzExVb0JkIs

Saúdos :)

RESULTADO 5º MISIÓN: VÍDEO MUSICAL

Bo día familias!

 

Aquí vos deixamos os vídeos co resultado da 5º MISIÓN, que tivemos que dividir por aulas dada a gran cantidade de vídeos e a súa duración.

Pero agora si, están listos para que desfrutedes destes grandes artistas!

 

Formiguiñas: https://www.youtube.com/watch?v=jfdezviMrCE

Pitiños:https://www.youtube.com/watch?v=0zhB3JJERO0

Baleas:https://www.youtube.com/watch?v=EJC9isbMero

 

Seguide así! 

Saúdos formiguiñas, pitiños e baleas.

Vémonos pronto!

SÉTIMA MISIÓN CONTRA O CORONAVIRUS: NOME OU NARRACIÓN TERRORÍFICA.

Benvidos/as á sétima misión contra o coronavirus!

Nesta ocasión debedes poñer a proba as vosas dotes como escritores/as e os máis atrevidos e atrevidas tamén como narradores/as.

Moito ánimo neste novo reto, confiamos en que o faredes xenial, ao igual que nos anteriores!

Compilación de contos en video

Ola familias,

Esta semana traemos unha nova compilación de vídeos, neste caso de contos!! Só tedes que descargar o pdf e facer click na imaxe do conto que queredes ver para ir directamente ao video.

Esperamos que os desfrutedes!

SEXTA MISIÓN CONTRA O CORONAVIRUS: PERSONAXE DE TERROR.

Benvidos/as á sexta misión contra o coronavirus!

Nesta ocasión trátase de crear un personaxe de terror, coa axuda do azar  e das instrucións que vos presentamos, para así asustar ao virus.

Lanzade o dado e imaxinade un temible ser que asuste ao máis valente!

Moita sorte nesta nova misión!

Resultado 4ª misión: "Cápsula da felicidade"

Ola de novo!

Aquí vos deixamos o resultado da 4ª misión contra o coronavirus. Nesta ocasión había que crear unha "Cápsula da felicidade", porque para superar situacións difíciles o mellor é buscar cousas positivas!

 

 

Seguide así, que o estades facendo xenial!!!

QUINTA MISIÓN CONTRA O CORONAVIRUS: VÍDEO MUSICAL.

Seguimos coa nosa misión investigadora... e aproveitando que hoxe, 27 de marzo, se celebra o día do teatro, nesta quinta misión, propoñémosvos, por valor de 20 coronapuntos, que impresionedes ao virus coas vosas dotes artísticas!

Seguro que vos sae xenial!

Distribuir contido


by Dr. Radut