Bo día familias,
Xa estamos de volta!
Dado que o día 2 de maio (sábado) se celebrou a conmemoración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR, hoxe queremos propoñervos unha actividade en relación con esta data que resulta tan importante para nós, pois consideramos que é fundamental transmitirlle aos nenos/as valores relacionados co respecto, a igualdade e a valoración das diferenzas, o cal tentamos facer todos os días, pero que queremos resaltar hoxe de xeito significativo.
Para celebrar este día escollemos o conto "Orellas de bolboreta", co que vos propoñemos unha actividade conxunta, na que nos encantaría que participárades todos e todas. Podedes vela no pdf adxunto.
Grazas familias e moito ánimo!
Abrazos xigantes para formiguiñas, pitiños e baleas.