Skip to Content

CONFIRMACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO NOVO DE ESO E SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 21/22.

 

INFORMACIÓN E IMPRESOS PARA CUBRIR.

USO EXCEPCIONAL DO TRANSPORTE ESCOLAR.

(Só para o alumnado que está escolarizado no centro fóra da súa área de influencia).

Un traballo da alumna de 3º B Alexandra Couto será a imaxe do próximo Certame Artístico Literario Asunción Antelo

A alumna de 3º B Alexandra Couto foi a gañadora no noso centro do premio de Ilustración dentro do Certame Artístico Literario Asunción Antelo deste ano (na categoría de 3º/4º de ESO), un concurso organizado polo Concello de Coristanco e no que participan todos os centros de ensino do municipio.

O traballo de Alexandra chamou a atención entre os visitantes á exposición que se organizou no edificio de Usos Múltiples do Concello durante estas últimas semanas, tanto pola calidade da técnica empregada para a súa elaboración como polo feito de que estivese centrado na figura da persoa que dá nome ao certame, a propia Asunción Antelo.

Por este motivo, os responsables da área de Cultura municipal decidiron que este traballo gráfico estea permanentemente exposto no edificio de Usos Múltiples, onde se encontra a biblioteca municipal, a carón do centro de saúde. Así mesmo, o cartel anunciador deste certame para o próximo ano terá como elemento principal o debuxo de Alexandra.

Nas imaxes que acompañan esta información poden verse varias imaxes do acto de cesión da ilustración ao Concello de Coristanco por parte da autora, acompañada polo director do CPI Alcalde Xosé Pichel, Carlos Fernández.

Parabéns, artista!

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> CERTAME ARTÍSTICO LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO

ZOQUIÑAS VERMELLAS

Desde o día 1 ata o 8 de xuño acollemos na entrada do noso centro a exposición Zoquiñas vermellas, iniciativa da Asociación Oleira de Buño, que invita a reflexionar sobre a violencia machista.

 (DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA)

TALLER DE ENCADERNACIÓN

Este ano, os alumnos de 3º ESO redactamos contos baseados en El Conde  Lucanor, reproducimos cantigas e partituras do Cancioneiro, elaboramos as ilustracións para acompañar a cada un deses textos e finalmente encadernamos o noso propio manuscrito medieval. Aquí tedes o resultado:

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> TALLER DE ENCADERNACIÓN

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Para celebrar o Día das Letras Galegas, durante a semana pasada recibimos a visita de dous escritores cuxos libros lemos en senllos cursos do centro.

O martes 18 os alumnos de 4º ESO mantiveron un encontro co escritor Héctor Cajaraville, autor de O segredo da casa de Formoso, a obra literaria que leron nesta terceira avaliación. O alumnado puido escoitar de primeira man as razóns polas que o autor escribiu esta novela, e puideron preguntarlle todas aquelas dúbidas e cuestións que lles quedaron logo da lectura. Héctor Cajaraville é profesor no noso centro, de modo que a súa presenza non foi complicada de conseguir...

O xoves 20 foi a quenda do alumnado de 2º ESO, que neste trimestre leron a novela 22 segundos, de Eva Mejuto. A autora visitou o noso instituto para falar cos rapaces e rapazas de segundo sobre a novela e todo o relacionado coa cuestións da transexualidade, leit motiv desta obra.

Murais sobre a vida e a obra de Xela Arias e varios xogos de pista e rastrexo arredor da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 completaron a proposta deste ano, condicionada (como todas as actividades desenvolvidas neste curso) pola pandemia e as medidas que foi necesario implementar para loitar contra ela.

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dúas alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel, premiadas no certame “Relatos de Primavera”

As alumnas de 4º de ESO Laura Fernández e Nuria Antelo foron galardoadas na IV edición do certame Relatos de Primavera que organiza a delegación de Bergantiños de La Voz de Galicia xunto coa empresa conserveira Grupo Calvo.

Laura Fernández recibiu unha das mencións deste concurso polo relato A choiva, mentres que Nuria Antelo foi recoñecida polo texto Existen eses días... Ambas recibiron senllos agasallos e diplomas de mans dos responsables da empresas organizadoras do certame.

Parabéns ás premiadas, e moitas grazas tamén ao resto do alumnado que participou no concurso. En Coristanco hai canteira literaria, así que... a seguir escribindo!

A CHOIVA. RELATO DE LAURA FERNÁNDEZ

EXISTEN ESES DÍAS... RELATO DE NURIA ANTELO

RELATOS DE PRIMAVERA 2021

 

 

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Lingua e Literatura Galegas

CELEBRACIÓN DO DÍA DA FAMILIA (15 DE MAIO)

 Como de costume, no noso centro celebramos o Día da Familia.

 FELIZ DÍA A TOD@S!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut