Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA

ACTIVIDADES PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO 2021

Na semana lectiva do 25 ao 29 de outubro o CPI Alcalde Xosé Pichel desenvolverá unha serie de actividades para celebrar a festividade do Samaín. Entre elas, están as seguintes:
  • Concurso de portas terroríficas: o alumnado do edificio de Secundaria decorará as portas das respectivas aulas con motivos asociados ao Samaín. Na primeira semana de novembro, o alumnado de Infantil e Primaria fará unha visita ao edificio dos maiores para ver o resultado da actividade e para elixir a porta gañadora.
  • Exposición de patacas e vasoiras decoradas (Primaria) e Exposición de cabazas e vasoiras decoradas (Secundaria): as creacións do alumnado de ambos os edificios expoñeranse en cadanseu vestíbulo durante a semana do Samaín e mais a seguinte (primeira de novembro).
  • Certame de relatos "Ai, que medo pasei apañando as patacas": concurso de contos para o alumnado de Primaria, nos que o tema principal estará vinculado ás patacas, que este ano serven de centro de interese para a meirande parte das actividades que se van desenvolver.
  • Narración de contos de medo: o alumnado de 4º ESO visitará as aulas de Infantil e Primaria para compartir con eles contos, lendas, historias e tradicións asociadas á festa do Samaín.
  • Magosto: o venres 29 haberá degustación de castañas e xogos tradicionais para todo o alumnado do centro.

Ímolo pasar de medo!

Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

QUERES CREAR O TEU PROPIO VIDEOXOGO?

                                                                                  Ver datos adxuntos

Algunha vez pensaches en facer un videoxogo... pero non sabías por onde comezar? Agora tes a oportunidade!

 

No CPI Alcalde Xosé Pichel imos ter un obradoiro de creación de videoxogos, impartido por m8factorial. Nel aprenderemos a deseñar personaxes e escenarios, a crear mecánicas de xogo e a empregar a programación para facer realidade as nosas ideas e desenvolver un videoxogo moi molón.

 

As sesións serán en horario de tarde, entre as 14:30 e as 16:00 para aproveitar o transporte do colexio, os luns para 1º e 2º e os xoves para 3º e 4º, entre novembro e febreiro. Para podermos organizar os posibles grupos, precisamos saber o alumnado que estaría interesado en participar, para o que é necesario que cubras este formulario de preinscrición, antes do día 29 de outubro. Os obradoiros son completamente gratuítos.

 

Anímate a participar e deixa voar a túa imaxinación!

 

Xa temos cafetería!

 

O pasado 4 de outubro inauguramos a cafetería do edificio de Secundaria, que nos últimos dous cursos non puido funcionar debido ás restricións derivadas da pandemia.

Aínda que de momento non é posible acceder ás instalacións interiores, as alumnos e alumnas que queren adquirir algún produto son atendidos desde a porta do local polo alumnado de 4º ESO.

A cafetería está aberta durante os dous recreos da xornada lectiva, e o alumnado pode facer uso dela en función do curso ao que pertence (1º recreo: 1º e 4º de ESO; 2º recreo: 2º e 3º de ESO).

Entre os produtos que se poden encontrar na nosa cafetería están os bocadillos e pasteis que cada día elaboran na panadería Roiser de Coristanco, bolsas de snacks, chocolatinas, gominolas, froita, auga, refrescos e zumes.

Os cartos recadados a través deste servizo irán destinados a sufragar a excursión do alumnado de 4º de ESO, unha  actividade que este curso tamén se retoma logo de dous anos de parón.

 

 

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional vén de publicar a Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sotidos con fondos públicos. Nos vindeiros días vaise constituir a Xunta Electoral, que é o órgano encargado de coordionar dito proceso. Ao longo de todo o período que dure o proceso, iredes recibindo información ao respecto, e que poderedes consultar neste apartado.

Preme AQUÍ para consultar a Resolución do 20 de setembro de 2021.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

CIRCULAR DA CONVOCATORIA

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR DO CONCELLO DE CORISTANCO

O Concello de Coristanco ven de publicar as Bases de Axudas de Escolarización para adquisición de material escolar. Podedes consultar ditas bases e o modelo de solicitude. As solicitudes poderanse tramitar a través da sede electrónica do Concello ou de forma presencial no Despartamento de Servizos Sociais sito no Edificio de Servizos Múltiples.

Consulta AQUÍ as bases.

MODELO DE SOLICITUDE

2ª ADDENDA A INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2021 DE TRANSPORTE ESCOLAR

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Dirección Xeral de Mobilidade veñen de publicar a 2ª addenda a instrución conxunta do 1/2021 de transporte escolar para o curso 2021/2022. Pincha no seguinte ENLACE para acceder á información.

ADDENDA Á INSTRUCCIÓN 1/2021 DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Dirección Xeral de Mobilidade veñen de publicar a addenda a instrución conxunta do 1/2021 de transporte escolar para o curso 2021/2022. Pincha no seguinte ENLACE para acceder á información. 

 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2021/2022

  DATA HORARIO
EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

XOVES, 9 DE SETEMBRO

Este día non funcionará o servizo de comedor.

9:00 -14:00
EDUCACIÓN SECUNDARIA MÉRCORES, 15 DE SETEMBRO 9:00 -14:00

 

 

 

CONTACTO DO CENTRO

PARA CONTACTAR CON NÓS, PODES ESCRIBIR UN CORREO A: cpi.alcalde.pichel@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut