Skip to Content

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2022/2023

 

DATA

HORARIO

  EDUCACIÓN INFANTIL E

             PRIMARIA

 

   XOVES, 8 DE SETEMBRO

 

9:00 -14:00

Comedor:

14:00-15:00

 

 EDUCACIÓN SECUNDARIA

 

9:00 -14:00

 

Probas de nivel lingüístico alumnado 4º ESO

Publicada a Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/23 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL), segundo corresponda.

As probas que realizará o alumnado serán do nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira), e terá que ser unha das probas recollida no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería, ou proba análoga que conte co mesmo recoñecemento internacional e siga os mesmos estándares de calidade.

As probas realizaranse durante o curso 2022/23

Unha vez publicada a resolución definitiva de centros seleccionados, se a dotación económica que recibe o centro educativo non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, os centros educativos seleccionarán o alumnado participante nestas probas segundo criterios transparentes, públicos e obxectivos dos que se informará ao claustro e que se aprobarán no consello escolar.

Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira

Todos os centros solicitantes que cumpran cos criterios de participación indicados na resolución serán seleccionados. Os centros non poderán percibir unha asignación superior ao número total de alumnado interesado

Co fin de identificar ao alumnado susceptible de participar nas probas precisamos que, no caso de estar interesados na  convocatoria que se informa, devolvan asinado o seguinte compromiso de participación.

Compromiso de participación alumnado

Presentar na Secretaría do centro. Data límite para a presentación: 15 de setembro de 2022.

SOLICITUDE PARA O USO DO COMEDOR. CURSO 22-23

Informamos a través da seguinte circular da solicitude de uso de comedor para o curso 2022/2023. Para acceder a ela preme AQUÍ.

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN

LISTAXE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022/23

                                       PREME AQUÍ PARA CONSULTAR A LISTAXE

TORNEO DE DATCHBALL

Deixámosvos un vídeo sobre unha das actividades que se desenvolveron no centro, dentro do plan Proxecta +, un emocionante torneo de datchball, no que participou o alumnado de EP.

Sen elas non hai música galega

Durante a semana cultural acollimos na entrada do noso centro a exposición "Sen elas non hai música galega" que, moi amablemente, a Asociación Visibles de Buño nos prestou.

Deixámosvos un vídeo onde podedes ler a biografía de cada unha das compoñentes da exposición.

 

DÍA DA FAMILIA

O vindeiro venres, 13 de maio, celebramos no centro o día da familia. Podedes consultar o programa dese día premendo AQUÍ

CONCRECIÓN CURRICULAR

Con motivo da entrada en vigor da Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo, cómpre elaborar a concreción curricular. Podedes vela premendo AQUÍ

SEMANA CULTURAL 2022

Durante toda esta semana, celebraremos no centro a Semana Cultural, cun programa variado de actividades para todo o alumnado que abranguen distintos campos e temáticas: Teatro, cine, música, danza, circo, encontros con artístas, roteiros artístico-patrimoniais, monológos, exposicións, conferencias, obradoiros,...

Podedes ver a noticia na prensa, premendo AQUÍ.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 22-23

Distribuir contido


by Dr. Radut