Skip to Content

Dúas alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel, premiadas no certame “Relatos de Primavera”

As alumnas de 4º de ESO Laura Fernández e Nuria Antelo foron galardoadas na IV edición do certame Relatos de Primavera que organiza a delegación de Bergantiños de La Voz de Galicia xunto coa empresa conserveira Grupo Calvo.

Laura Fernández recibiu unha das mencións deste concurso polo relato A choiva, mentres que Nuria Antelo foi recoñecida polo texto Existen eses días... Ambas recibiron senllos agasallos e diplomas de mans dos responsables da empresas organizadoras do certame.

Parabéns ás premiadas, e moitas grazas tamén ao resto do alumnado que participou no concurso. En Coristanco hai canteira literaria, así que... a seguir escribindo!

A CHOIVA. RELATO DE LAURA FERNÁNDEZ

EXISTEN ESES DÍAS... RELATO DE NURIA ANTELO

RELATOS DE PRIMAVERA 2021

 

 

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Lingua e Literatura Galegas

CELEBRACIÓN DO DÍA DA FAMILIA (15 DE MAIO)

 Como de costume, no noso centro celebramos o Día da Familia.

 FELIZ DÍA A TOD@S!!!

 

RAPEANDO EN CORISTANCO.

Alumnado de 3º de ESO levou a cabo O OBRADOIRO DE IGUALDADE coa realización do videoclip “ NON DEIXAREMOS DE LOITAR”.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN- SECUNDARIA

 

O ALUMNADO DE 3º DA ESO LEVOU A CABO O OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA PARA DESENVOLVER VALORES RELACIONADOS COA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL.

Dende o Departamento de Orientación, desenvólvense accións que interveñen no fomento da  coeducación, promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, prevención e tratamento da violencia de xénero, promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual, prevención e tratamento da  LGBTIfobia e outras medidas semellantes.

 

DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA

A partir de hoxe, comeza o segundo período da campaña de "Distribución de froita fresca nos recreos", na que se repartirá unha peza de froita a todo o alumnado.

ANDAINA (SEMANA CULTURAL)

Os pasados 24 e 25 de marzo os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO realizaron unha andaina seguindo un dos tramos do itinerario "Via Alcaianus", deseñado pola Asociación Ambiental Senda Nova. A profesora de EF, Elena Alcoba organizou estas dúas saídas no marco da Semana Cultural do noso centro, co fin de que o  alumnado do Primeiro Ciclo puidese coñecer mellor o patrimonio ambiental e cultural do concello de Coristanco: a Lagoa de Alcaián, o Pazo de Arixón ou o Monte Aberto de Seavia son exemplos moi representativos do devandito patrimonio que visitaron e gozaron!

 

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> ANDAINA (SEMANA CULTURAL)

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E A SÚA CONTORNA. (ORIENTACIÓN PRIM-SECUND)

O CPI Alcalde Xosé Pichel acolleu con gran entusiasmo as charlas do cabo da garda civil, referentes ao Acoso escolar, Adiccións (drogas, ludopatía, novas tecnoloxías ...), Bandas xuvenís, Racismo (discriminación e intolerancia), Violencia sobre a  muller e Internet e redes sociais.

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E A SÚA CONTORNA. (SEMANA CULTURAL)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN-SECUNDARIA.

As ex alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel, Sara Álvarez e Victoria Porteiro, impartiron con mestría unha charla de orientación académica ao alumnado de 3º e 4º dea ESO.

Agradecémoslle o seu esforzo e os ánimos para que os compañeiros continúen coa súa formación.

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX.

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. (SEMANA CULTURAL)

ODAIKO PERCUSSION GROUP. (SEMANA CULTURAL)

Este venres actuou para nós o grupo de percusión Odaiko. Bailamos ao ritmo dos seus instrumentos.

 

CEIDA (SEMANA CULTURAL)

Paula, Laura e Angel ofrecéronnos unha charla e un obradoiro sobre a pegada ecolóxica ao alumnado de 5° e 6° de primaria.

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

 

Álbum: INFANTIL E PRIMARIA 20/21 -> CEIDA (SEMANA CULTURAL)
Distribuir contido


by Dr. Radut