Skip to Content

O ALUMNADO DO CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL RECIBE AS CARTAS DE RESPOSTA DAS PERSOAS RESIDENTES NA RESIDENCIA DE MAIORES DE CARBALLO

No mes de decembro, o alumnado de 2º de ESO do CPI Alcalde Xosé Pichel participou nunha actividade consistente en escribirlles cartas ás persoas que conviven na residencia de maiores de Carballo, con tres mensaxes principais: gabarlles o seu esforzo polos meses de illamento e falta de contacto coas súas familias, felicitarlles as festas do Nadal e prometerlles unha futura visita en canto as circunstancias o permitan.

A mediados de xaneiro recibimos no centro as cartas de respostas dos e das maiores, nas que nos contaban como era o seu día a día na residencia, as actividades que desenvolven, a súa esperanza de que o confinamento xa estea chegando á súa fin e a gana que teñen de que a visita dos rapaces e rapazas do instituto de Coristanco se produza canto antes, para coñecérense en persoa e seguir afondando na súa xa nacente amizade.

Moitas e moitos dos maiores compartiron co alumnado as súas historias persoais, algo que puxemos en común nas dúas aulas de 2º de ESO, onde todos os rapaces e rapazas puideron coñecer os contidos das cartas recibidas. Algunha bágoa aflorou ao coñecer as difíciles circunstancias en que se desenvolveu a vida destes maiores.

Desde o CPI Alcalde Xosé Pichel queremos agradecerlles aos residentes e ás persoas do cadro de persoal da residencia a súa resposta a esta preciosa actividade, na que, por riba do diálogo interxeneracional, se erixe a conexión entre persoas que, malia a súa diferenza de idade, comparten desexo e esperanzas.

En canto as restricións sanitarias o permitan, iremos cumprir coa visita prometida. Estamos desexando facelo!

Departamento de Lingua e Literatura Galegas – Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

PREMEDE NESTA IMAXE PARA LER AS CARTAS DE RESPOSTAS DOS E DAS MAIORES.

 

 

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

 

 

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> CARTAS DE RESPOSTAS DAS PERSOAS RESIDENTES NA RESIDENCIA DE MAIORES DE CARBALLO

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA.

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco convocan as seguintes actividades co gallo da celebración do Día de Rosalía, o próximo 24 de febreiro. 

(Premede na imaxe para ver o cartaz en grande)

 CONCURSO FOTOGRÁFICO OBXECTIVO ROSALÍA

 

(Premede na imaxe para ver o cartaz en grande)

            • Pode participar nel todo o alumnado de Secundaria do CPI Alcalde Xosé Pichel.
            • En cada curso repartiranse dous poemas da autora homenaxeada (xa están colgados no taboleiro).
            • Entre eles, teredes que escoller un para realizar unha foto relacionada co contido do texto.
            • O prazo de entrega remata o venres, 19 de febreiro.
            • Antes desa data, aquelas e aqueles que queirades participar tedes que enviar un correo electrónico a mariaprofegalego@gmail.com ou a cajaraville@gmail.com.
            • Ese correo levará como documento adxunto un arquivo .pdf co poema elixido, o voso nome e a fotografía presentada a concurso coa maior resolución posible.
            • O mércores 24, coincidindo coa efeméride do 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, daranse a coñecer as persoas gañadoras do certame.
            • O xurado elixirá un traballo por curso, e os seus autores/as recibirán un agasallo.

 

 

 

 

UN XARDÍN PARA ROSALÍA

 

(Premede na imaxe para ver o cartaz en grande)

  • Os días 22 e 23 de febreiro, aqueles e aquelas que queirades participar podedes traer o elemento vexetal que vos pareza máis acaído (unha flor, unha folla, unha herba, unha semente, unha froita...).
  • Eses dous días haberá unha mesa a carón da conserxería para colocar  os traballos recibidos.
  • O motivo vexetal que traiades deberá ir acompañado dun pequeno texto poético da vosa autoría e relacionado con ese elemento.
  • Os textos poden ir desde un pareado (dous versos que riman entre si) ata a extensión que vós queirades. 
  • O día 24 de febreiro, conmemoración do 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, faremos unha exposición con todo o material recibido.
  • As mellores propostas poéticas  subirémolas á páxina web do centro para que todo o mundo poida lelas!

 

VEN Á BIBLIO A COÑECER AS NOVIDADES DE LECTURA INCLUSIVA.

MARATÓN POR LOS DERECHOS HUMANOS DE JAVI SILVA.

CHEGAMOS AO FINAL DOS MANDADIÑOS.

O CUARTO MANDADIÑO.

O TERCEIRO MANDADIÑO.

O SEGUNDO MANDADIÑO

Distribuir contido


by Dr. Radut